Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de modificación de estatutos da entidade Unión de Cooperativas de Trabajo Asociado Ugacota.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e para os efectos previstos nesta, faise público que no Rexistro Central de Cooperativas dependente desta dirección xeral foi depositada a escritura pública de modificación de estatutos da entidade Unión de Cooperativas de Trabajo Asociado Ugacota, resultando inscrita no libro de asociacións cooperativas.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais