Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2002 pola que se extingue o permiso de actividade dunha granxa mariña situada en Mougás, municipio de Oia, titularidade de Insuiña, S.L., e se autorizan modificacións no criadoiro do mesmo lugar e titularidade.

Examinado o expediente instruído para efectos de extinción do permiso de actividade dunha granxa mariña, e de autorización de modificacións nun criadoiro, apreciáronse os seguintes

Feitos:

Primeiro.-Insuiña, S.L. é titular dun criadoiro outorgado por Orde do 24-4-1982 (BOE nº 142) situado no lugar das Mariñas, Mougás, municipio de Oia (Pontevedra).

Segundo.-Por resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 27 de xullo de 2000 (DOG nº 202, do 18 de outubro) autorizáronse modificacións nese criadoiro e outorgouse permiso de actividade nese establecemento para unha granxa mariña de rodaballo, robaliza e dourada.

Terceiro.-Por resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 16 de marzo de 2001 (DOG nº 116, do 15 de xuño) autorizáronse modificacións nese establecemento, incrementando a superficie adicada a criadoiro e diminuíndo proporcionamente a superficie de granxa mariña.

Cuarto.-Mediante escritos presentados o 27-12-2001 Enrique de Llano Monelos (DNI 32369857-W) no nome e en representación de Insuiña, S.L., CIF B-36021954, solicita a extinción do permiso de actividade de granxa mariña e autorización para o aumento da capacidade do criadoiro, así como a adecuación da área de producción larvaria de dourada, robaliza e rodaballo a tanques de maduración e posta de reproductores de rodaballo.

Quinto.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de expedientes.

Sexto.-No expediente consta a seguinte documentación:

-Informe do Concello de Oia.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Informe xurídico emitido polo Servicio Técnico-Xurídico.

Fundamentos de dereito:

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial de Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Extingui-lo permiso de actividade para o seguinte establecemento de cultivos mariños:

Tipo: granxa mariña.

Titular: Insuiña, S.L. (CIF B-36021954).

Emprazamento: Mougás, municipio de Oia (Pontevedra).

Data de outorgamento: Resolución do 27 de xullo de 2000 (DOG nº 202).

Causa da extinción: renuncia do titular (artigo 72 b) da Lei 6/1993, de pesca de Galicia).

Segundo.-Autoriza-la ampliación do seguinte establecemento de cultivos mariños:

Tipo: criadoiro.

Titular: Insuiña, S.L. (CIF B-36021954).

Emprazamento: Mougás, municipio de Oia (Pontevedra).

Data de outorgamento: Orde do 24-4-1982 (BOE nº 142).

Especies: Rodaballo (Psetta maxima).

Incremento da superficie: 10.000 m.

Incremento da capacidade de producción:

7.000.000 de alevíns/ano.

A ampliación consiste básicamente en:

-Zona artemia: 4 salas cunha superficie cada unha de 79,27 m.

-Zona rotífero: 4 salas cunha superficie cada unha de 13,55 m.

-Zona larvaria: 16 salas cunha superficie cada unha de 114,06 m.

-Zona de alevíns: 1 sala cunha superficie de 2.786,26 m.

-Zona de venda: cunha superficie de 588,90 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A presente autorización non comporta modificación da ocupación do dominio público outorgado pola Orde do 24-4-1982 (BOE nº 142).

Segunda.-As obras e instalacións, que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto presentado por Insuiña, S.L. na delegación territorial de Vigo o 27-12-2001 (nº de rexistro 17601) elaborado por Jacobo Docal Cabrera, técnico de Insuiña, S.L. titulado Adecuación de área de producción larvaria de dourada, lubina e rodaballo a tanques de maduración e posta de reproductores de rodaballo, Sta. María de Oia (Mougás) e ó proxecto modificado obra civil de planta criadoiro para rodaballos elaborado pola enxeñeira técnica industrial Montserrat López García e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña o 7 de marzo de 2002. Así mesmo, as ditas obras deberán quedar totalmente finalizadas no prazo de tres anos, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións farase segundo o disposto no artigo 5 da Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Cuarta.-Unha vez finalizadas as obras, o titular deberá comunicar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Mariños, a data de posta en funcionamento, que terá lugar no prazo máximo de (3) meses contados desde o día seguinte ó da aprobación do recoñecemento final. O citado prazo poderá ser prorrogado, logo de petición do interesado, sempre que existan razóns que xustifiquen a demora no inicio da explotación.

Quinta.-Se transcorrido o prazo sinalado para a posta en funcionamento, esta non se realizará por causas non xustificadas, a consellería poderá inicia-los trámites para a declaración da caducidade do permiso de actividade.

Sexta.-O establecemento no poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Sétima.-O outorgamento desta autorización non exime ó seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legamente procedentes, esixibles por outros organismos en función das características do establecemento.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS