Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 266/02 PRO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril e a Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 266/02 PRO.

Denunciada: Esther Corral Martínez.

DNI: 33831509.

Último enderezo coñecido: Rego do Muíño. As Pontes.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: nove mil quince euros con dezaoito céntimos.

A Coruña, 26 de setembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña