Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002 pola que se fan públicas as propostas gañadoras do concurso de ideas, con intervención de xurado e a nivel de anteproxectos, para a construcción dun Centro de Interpretación e Documentación da Arte Rupestre en Campo Lameiro (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: concurso anónimo de ideas, con intervención de xurado e a nivel de anteproxectos, de acordo co artigo 216 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Descrición do obxecto: propostas arquitectónicas para a construcción dun Centro de Interpretación e Documentación da Arte Rupestre en Campo Lameiro (Pontevedra).

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 26-7-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso anónimo de ideas con intervención de xurado.

4. Adxudicación.

a) Data: vinte (20) de novembro de 2002.

b) Gañadores do concurso:

-Primeiro premio: lema Celacanto; representante do equipo de autores Alberto Redondo Porto.

-Segundo premio: lema Citania; representante do equipo de autores Santiago Pintos Pena.

-Terceiro premio: lema AJV-14; representante do equipo de autores Julio Grande Pérez.

-Accésit: lema ARP; autor Ricardo A.M. Sánchez Oroza.

-Accésit: lema ¿Dónde estás?; autor Manuel Vázquez Muíño.

c) Premios:

-Primeiro: sete mil douscentos euros (7.200 A).

-Segundo: cinco mil euros (5.000 A).

-Terceiro: tres mil euros (3.000 A).

-Accésit: mil catrocentos euros (1.400 A) cada un.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo