De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente sancionador: Secretaría 248/02.
Denunciado: Panadería Claudio Hermida, S.L.
CIF: B15419401.
Último enderezo coñecido: José Baldomir, 2, A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: seiscentos un euros con un céntimo.
A Coruña, 10 de outubro de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña