Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a contratación dunha póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais derivadas das actividades levadas a cabo polos alumnos de formación profesional na realización de prácticas en empresas, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: do 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de agosto do 2004.

c) Orzamento base de licitación.

Importe total: 71.519 euros.

d) Fianza provisional: 2% do orzamento de contratación.

e) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 54 65 37/54 65 39.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Así mesmo, poderase obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2087

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación necesaria: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil contado desde a finalización do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria