Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/366-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: variante vía rápida-tramo I.

Situación: concello de Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 286 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio C-1000/20 existente da CBD 804 (As Sinas) ata o apoio C-9000/22 que se proxecta. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 85 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio CH-1600/20 proxectado ata o apoio CH-1600/20 proxectado. Recuamento C.T. de 50 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V en Refoxos-Corvillón, no concello de Cambados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 29 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra