Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios, por concurso público polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a organización do II Encontro de Centros de Estudios Galegos.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de organización do II Encontro de Centros de Estudios Galegos.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 202, do 18 de outubro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: 102.172,06 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 8-11-2002.

b) Contratista: Viajes Atlántico, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 101.000 A.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística