Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 31 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactada polo arquitecto municipal Juan José Rodríguez Cuíña.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto ó público o expediente, podendo os interesados examinalo no Departamento de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 4 de novembro de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde