Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso, por trámite de urxencia, para a contratación da obra de campo de fútbol e bancadas no Grove.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, por trámite de urxencia, da dita obra por importe de 889.497,91 euros, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo C, tódolos subgrupos, categoría e.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 21 de novembro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado