Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de construcción de paso inferior na CN-550 de Vigo, intersección rúa Aragón (expediente 4376/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 31 de outubro de 2002 acordou entre outros o acordo de aprobar o proxecto de construcción de paso inferior na rúa Travesía de Vigo (N-550) e reordenación das interseccións coas rúas Aragón, Cantabria e Frián (expediente 4376/401), redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Eduardo Fernández Domínguez, por conta da empresa Typsa, ingenieros consultores y arquitectos, presentados pola mercantil Carrefour, quen asumiu a súa execución, ata o seu total importe, a virtude do convenio asinado o día 30 de setembro de 1998 polo alcalde presidente do Concello de Vigo e os representantes das sociedades Centros Comerciales Continente, S.A. e Centro Shopping, S.A., aprobado polo concello pleno de Vigo o 5 de outubro de 1998 e escrito de asución de obriga de sufraga-lo seu total custo, do 28 de outubro de 2002.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todas aquelas persoas propietarias ou interesadas directamente afectadas que por resultar

descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 7 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo