Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.A. 8 Grades (expediente 4327/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 10 de outubro de 2002 acordou entre outros o acordo de aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. 8 Grades, promovido polas entidades mercantís Lanzamar, S.A. e Promociones Vital Vigo, S.L., redactado polos arquitectos Pereiro Alonso, Cameselle Lago, Ramilo Méndez e Puente Crespo (expediente 4327/401), visado polo COAG no 19-9-2002.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ó dispor do público en xeral da Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todas aquelas persoas propietarias ou interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo