Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.722

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CAMBADOS

EDICTO (262/2000).

Nos autos de referencia recaeu sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

«Sentencia.

En Cambados o trinta e un de xullo de dous mil. Mª Teresa Rubio Cabrero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cambados, tendo vistos os autos do xuízo de menor contía, seguida neste xulgado ó número 262/2000, por instancia de BSCG Leasing, representada polo procurador Jesús Martínez Melón e dirixida pola letrada Ana E. Linos Fernández, contra Hierros Touriño, S.A., representada pola procuradora Raquel Santos García e dirixida polo letrado Jaime de Oca Cancela, e contra Pametal Siderúrxica, S.A., en situación procesual de rebeldía; así como a demanda reconvencional formulada pola procuradora Raquel Santos García, en nome e representación de Hierros Touriño, S.A., contra BSCH Leasing, representada polo procurador Jesús Martínez Melón e co mesmo enderezo letrado.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xu-

rídicos).

Decisión que con estimación total da demanda interposta polo procurador Jesús J. Martínez Melón, en nome e representación de BSCH Leasing, contra Pametal Siderúrgica, S.A. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 88.323,08 (oitenta e oito mil trescentos vintetrés euros con oito céntimos), mailo xuro legal desde a interpelación xudicial; así como o pagamento das custas.

Que con desestimación total da demanda interposta polo procurador Martínez Melón en nome e representación de BSCH Leasing contra Hierros Touriño, S.A.; debo absolver e absolvo a demandada de tódolos pedimentos da demanda, con expresa imposición de custas á demandante.

Que con estimación parcial da demanda reconvencional interposta pola procuradora Santos García, en nome e representación de Hierros Touruño, S.A., contra BSCH Leasing, debo condenar e condeno a

demandada a que realice tódalas operacións necesarias para retira-la máquina granalladora das instalacións da demandante no lugar de Cristiñade en Ponteareas, debéndoo realizar no prazo dun mes, e se non o verificase, mandarase facer á súa custa; todo iso sen imposición de custas, debendo cada parte aboa-las súas e as comúns por metade en relación coa demanda reconvencional.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se anunciará neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, o mando e o asino, Mª Teresa Rubio Cabrero, xuíza».

E para que sirva de notificación á entidade Pametal Siderúrgica, S.A. expídese o presente edicto en Cambados o sete de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado