Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.722

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (450/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número uno da Coruña, fago saber que nos autos nº 450/2002 seguidos pola instancia de Sonia Acuña Baldomir contra Rediscarta Galicia e outros sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parése, dictou sentencia, na data do 27 de setembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno solidariamente as empresas Rediscarta Galicia, S.L. e Repris, S.A. a que readmitan inmediatamente a Sofía Acuña Baldomir nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, ó aboamento á parte demandante dunha indemnización de 3.257,49 euros.

A devandita opción deberá de exercerse no termo dos 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante desde xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a elección, condeno así mesmo as empresas demandadas a que satisfagan á demandante os salarios que non percibise desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración a tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata esta data ascenden á cantidade de 2.969 euros.

E debo absolver e absolvo o Fogasa das pretensións da demanda sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria ó amparo do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, a contar desde a notificación desta sentencia por comparecencia, ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar ó anuncio-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lle sirva de notificación a Repris La Coruña, S.L. que tivo o seu úlitmo enderezo coñecido en rúa Monte Alto, 21, 15002 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, a co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 4 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado