Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.721

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (198/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos de separación número 198/2002-EV seguidos neste xulgado por instancia de María Rosario Bellas Chao contra Braulio Piñón Ulfe recaeu sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

Procedemento: separación contenciosa número 198/2002-EV.

Sentencia.

Na Coruña, trinta de outubro de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número 198/2002, por instancia de María Rosario Bellas Chao representada pola procuradora señora Prego Vieito e defendido polo letrado López Mosteiro, sendo parte demandada Braulio Piñón Ulfe, en situación procesual de rebeldía.

Vistos os artigos de pertinente e xeral aplicación,

Decido que estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Susana Prego Vieito, en nome e representación de María Rosario Bellas Chao contra Braulio Piñón Ulfe e María Rosario Belas Chao, realizado en Cerdido o 3 de setembro de 1957, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mes

mo xulgado no termo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O relacionado é certo e concorda ben e fielmente co seu orixinal e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto na Coruña, trinta de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado