Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.721

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (3234/2000).

María Concepción Albes Blanco, secretaria da Audiencia Provincial de Pontevedra, sección quinta, sede en Vigo.

Certifico que no rolo de apelación número 3234/2000, dimanante do procedemento arriba referenciado, recaeu sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída polos maxistrados presidente Juan Manuel Lojo Aller e os maxistrados Victoria e Fariña Conde e José Ferrer González, pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia número 69/2002. En Vigo, (Pontevedra) dezaoito de febreiro de dous mil dous. A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, viu en grao de apelación, os autos de cognición 478/2000, do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo, seguido entre partes, dunha como apelante-demandada, Banco Vitalicio de España CA de Seguros e Reaseguros, representado polo procurador Vaquero Alonto e asistido polo letrado Carlos Fontán e doutra, como apelado-demandante Carlos Rodríguez Lorenzo, representado pola procuradora Pazo Irazu e asistido pola letrada Mercedes Vázquez e apelado-demandado E. Tecnologías y Tratamientos de superficies, S.A., en situación procesual de rebeldía.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xu-

rídicos).

Decidimos que desestimando o recurso de apelación formulado por Vitalicio Seguros, contra a sentencia de data 26 de outubro de 2000, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo, nos autos de cognición número 478/2000 (rolo de apelación número 3234/2000) debemos confirmar integramente a expresada resolución, impoñéndolle ó apelante as custas desta alzada.

Notifíqueselle esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, quen xustificará recepción.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de sala número 3234/2000, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo, mándoo e asínoo».

O inserido concorda co seu orixinal ó que me remito en caso necesario, o cal consta no libro de sentencias civís desta sección; e para a súa insercción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á entidade Tecnologías y Tratamientos de Superficies, S.A., expido e asino este edicto en Vigo o dezaseis de marzo de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado