Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 11 de novembro de 2002 pola que se fai a segunda convocatoria de axudas á paralización definitiva dos buques dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos.

A Orde do 6 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas á paralización definitiva dos buques dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos prevé, no seu artigo 4, que as convocatorias poderán ser varias, rexeranse polas bases e condicións establecidas na dita orde e os remanentes dunha convocatoria acumularanse á seguinte.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse, por segunda vez neste exercicio axudas á paralización definitiva dos buques dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 6 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de febreiro); o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co seu artigo 13 será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As subvencións concédense con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.614B.771.0 do exercicio vixente e cun importe 2.164.637 euros.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos