Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 11 de novembro de 2002 pola que se fai a segunda convocatoria de axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos.

A Orde do 4 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do Acordo de pesca con Marrocos prevé, no seu artigo 4, que as convocatorias poderán ser varias, rexeranse polas bases e condicións establecidas na dita orde e os remanentes dunha convocatoria acumularanse á seguinte.

Para tal obxecto, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse, por segunda vez neste exercicio, axudas de carácter socioeconómico ós pescadores

dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 4 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de febreiro); o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co seu artigo 11 será de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As subvencións concédense con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.614B.780.0 do exercicio vixente e cun importe de 1.646.468 euros.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos