Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do día 21 de novembro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle presentado por Pablo de Rábago Marín, que afecta a unha parcela sita na r/ Pedra Furada, de Carballo.

O dito acordo pon fin á vía administrativa e contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte á derradeira publicación deste anuncio (DOG ou BOP), sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Carballo, 22 de novembro de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde