Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

Aprobado o expediente de contratación e prego de condicións económico-administrativas para a contratación da obra: acondicionamento Centro de Iniciativas Turísticas en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras), exponse a información pública o prego durante o prazo de presentación de documentación e anúnciase a convocatoria do concurso para a devandita contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Carballeda de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de acondicionamento do Centro de Iniciativas Turísticas en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras), segundo o proxecto técnico aprobado por acordo plenario do 25 de abril de 2002.

b) Lugar de execución: lugar de Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras).

c) Prazo de execución: 10 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 322.805,35 euros.

5. Garantía provisional: 6.456,10 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Carballeda de Valdeorras, estrada de Entoma, nº 54. Sobradelo de Valdeorras (Ourense). Teléfono: 988 33 50 02. Fax: 988 33 53 79.

Data límite para solicitar documentación e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C; subgrupos 4, 6 e 8; categoría C.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP de Ourense, ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario de 9 a 14 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se prevé no prego de cláusulas administrativas tal posibilidade.

9. Apertura de ofertas.

Terá lugar en acto público na casa do concello, ás doce horas do día seguinte hábil (agás sábado), ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: os previstos na cláusula XIV do prego.

11. Gastos de anuncios.

A conta do adxudicatario.

Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, 4 de novembro de 2002.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa