Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno desta Corporación, en sesión do día 15 de novembro de 2002, o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baños de Molgas, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, para efectos de alegacións, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Baños de Molgas, 16 de novembro de 2002.

José Carlos Sequeiros Pérez

Alcalde