Con data do 17 de outubro de 2002, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 126/02 PANA incoado pola Delegación Provincial de Pontevedra.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 4 do referido artigo, notifícaselle ó director xerente de Panadería Tea, S.L. para que poida ter coñecemento do seu contido.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de quince días, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co dis
posto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Pontevedra, 30 de outubro de 2002.
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente nº: 126/02 PANA.
Denunciado: director xerente de Panadería Tea, S.L.
Último enderezo coñecido: barrio Gándara, 10, Areas, Ponteareas (Pontevedra).
Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigo 2.2º 2. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria. Capítulo IV do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios. Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.
Precepto sancionador: artigo 35 a) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.
Sanción imposta: 180 euros.