Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

EDICTO do 16 de setembro de 2002, da Inspección Sanitaria de Vilagarcía de Arousa, polo que se notifica o xulgamento-proposta de resolución do expediente disciplinario 27/01-M.

A través do presente edicto do instructor do expediente disciplinario que a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade ordenou instruír (polo acordo do 13-11-2001) ó médico eventual de Atención Primaria do Sergas de Ourense, Carlos Iván Manrique Argüelles, notifícaselle a este a formulación do xulgamento-proposta de resolución coa data 2-8-2002, que se atopa á súa disposición nas dependencias da Inspección Sanitaria do Sergas de Vilagarcía de Arousa, sita na avenida das Carolinas, s/n (Ambulatorio San Roque), para que o expedientado poida, no prazo de 10 días hábiles, exerce-lo dereito de vista do expediente e presenta-lo prego coas alegacións que considere pertinentes para a súa defensa.

Transcorrido o prazo sen que fixera uso dos seus dereitos referidos anteriormente, continuarase a tramitación do expediente de acordo co procedemento estatutariamente establecido.

Este edicto expídese formalizado o disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa redacción dada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro,

de medidas fiscais, administrativas e da orde social), ó non poder practicárlle-la notificación no domicilio do expedientado.

Vilagarcía de Arousa, 16 de setembro de 2002.

Juan Antonio Martín Tejedor

Instructor-inspector de Servicios Sanitarios