Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 36/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 abril, xeral de Sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade.

Expediente sancionador: Secretaría 36/2002.

Denunciado/a: Mª Josefa Díaz Bellón.

DNI/CIF: 32594125.

Último enderezo coñecido: avda. Constitución, 87-1º esquerda Ortigueira.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: noventa euros con quince céntimos.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña