Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 4 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador número 246/02ID aberto por infracción en materia de epizootias, que foi devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido, que se sinala a continuación, a incoación do expediente sancionador nº 246/02ID acordada polo delegado provincial da Consellería

de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Antonio Ovidio Bao López e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla 70, para presentar prego de descargo e os documentos que estime convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria. en calquera momento da tramitación do procedemento. De non efectuar alegacións no prazo sinalado, este acordo de incoación poderá ser considerado por proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación.

Lugo, 4 de novembro de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 246/02ID.

Denunciado: Manuel Vázquez Senra.

DNI: 34115321.

Último enderezo coñecido: Alto-Chavaga. Monforte de Lemos, Lugo.

Feitos imputados: identificar fóra de prazo dous animais da especie bovina (ES 011104930554 e ES 021104530555) e carecer dos DIB dos animais identificados cos crotais ES 031104530556 e ES 091104253521.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 3, 6 e 9 do Real decreto 1980/1998.

Precepto sancionador: artigos 3.3º 5 e 3.3º 6 do Real decreto 1945/1983.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción posible: 330,56 euros.