Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 214/2002 PRO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a

continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 abril, xeral de Sanidade, e a Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre droga.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, conforme o disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da postestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 214/2002 PRO.

Denunciado/a: Ruisko Lizasu Arano.

DNI/CIF: 15777447.

Último enderezo coñecido: Sada de Arriba, 6-1º A, Sada.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: tres mil cinco euros con sete céntimos.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña