Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se anuncia a iniciación do expediente de revisión de oficio das bases definitivas do procedemento de concentración parcelaria da zona de Papucín, Frades (A Coruña), no que afecten a determinados propietarios.

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Papucín (Frades) que a Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, por delegación do conselleiro (O.D. 19-12-2001) acordou o día 14 de novembro de 2002 a iniciación do expediente de revisión de oficio das bases definitivas do devandito procedemento de concentración parcelaria, unicamente no que afecten a determinados propietarios.

Este acordo estará exposto ó público na Casa do Concello de Frades, durante o prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Contra este acordo de inicio de expediente de revisión de oficio non cabe interpoñer recurso ningún, aínda que os interesados, conforme o establecido no artigo 107.1º da citada Lei 30/1992, poderán realizar alegacións para opoñerse a el, dentro do

prazo dos dez días sinalados para a súa exposición, co obxecto de que se tomen en consideración na resolución que poña fin ó procedemento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural