Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto
1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T., Castiñeiras, 2ª F.
Situación: Vilariño de Conso.
Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 1.526 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 64, da L.M.T. Bao-Vilariño de Conso e remata no C.T. de Castiñeira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 23 de outubro de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL