Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 14 de novembro de 2002 pola que se acorda a cesión da propiedade de bens mobles, automóbiles, propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor dos concellos da Estrada e Crecente.

O Servicio Galego de Saúde, co fin de mellora-la prestación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma, concedeu permisos de utilización temporal a favor de distintos concellos de varias ambulancias propiedade deste. Algúns deses vehículos, en virtude do tempo transcorrido, non son útiles na actualidade para a realización de labores de ambulancia e, de acordo co Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario, exceden o tempo máximo establecido para o seu destino a fins sanitarios. Por todo o exposto, os concellos da Estrada (Pontevedra) e Crecente (Pontevedra) solicitan a cesión dos vehículos que utilizan para seren destinados a outros fins que redunden no interese xeral do municipio.

Con este fin, o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión dos anteditos vehículos, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión dos seguintes vehículos a favor dos concellos da Estrada (Pontevedra) e Crecente (Pontevedra).

VehículoMatrículaConcello

Nissan SerenaC-1139-BLA Estrada

Nissan VanettePO-7505-ADCrecente

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social do concello, tal e como esixe o artigo 96 bis do Decreto 50/1989 e 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma.

b) Coa cesión outorgaráselle ó concello a propiedade do vehículo, comprometéndose este a realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da titularidade do vehículo.

c) Os bens cedidos destinaranse a outros fins de utilidade pública ou interese social do concello, debendo o concello proceder a retirar do vehículo todo anagrama ou rotulación que puidera identificalo como vehículo sanitario, así como a aboa-los gastos que puidera orixina-la transformación do vehículo.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo director xeral da División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde e o órgano competente dos distintos concellos, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade