Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 11 de outubro de 2002 pola que se declara a alienabilidade dunha caseta de legoeiros, no p.k. 69,048 da estrada C-552.

Polo Decreto 287/2002, do 19 de setembro (DOG nº 287, do 9 de outubro), desafectouse un inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia transferido en virtude do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, modificado polo Real decreto 2708/1983, do 21 de setembro, sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Inmoble situado na avenida Benito Blanco Rajoy, 16, punto quilométrico 69,048 da estrada C-552, no municipio de Vimianzo (A Coruña); que ten unha superficie aproximada de 308 m. Sobre este predio construíuse unha caseta de legoeiro, cunha superficie aproximada de 198 m. Estrema: norte, herdeiros de Manuela Mouzo; sur, estrada C-552 A Coruña-Fisterra; leste, Enrique Espadín Romero; oeste, Banco Pastor e rúa Castelao.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 847, libro 165, folio 141, predio nº 20719, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda