Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre tódolos ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.
A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ó establecido no Decreto 32/1996, e os seus membros se nomearán por orde da Consellería de Sanidade.
En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde,
DISPOÑO:
Artigo único.-Noméase membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996 a persoa que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Novo membro do CEIC de Galicia:
-Mª de los Ángeles Brotóns Rodeiro.
(Licenciada en dereito. Técnica do Servicio Técnico Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade).