Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.626

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 31 de outubro de 2002 pola que se nomean novos membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre tódolos ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ó establecido no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro e os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, á persoa que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Novo membro do CEIC de Galicia:

-Amparo González García (supervisora da unidade de psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense).