Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 23 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 88/2002 RES, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 17 de setembro de 2002, o instructor do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 88/2002 RES, incoado pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.

Intentada a notificación desta proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 4 do referido artigo, notifícaselle ó/á director/a xerente de Restaurante Carbonara para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 23 de outubro de 2002.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 88/2002 RES.

Denunciado: director/a xerente de Restaurante Carbonara.

Último enderezo coñecido: rúa Llorente, 27, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 2.2º 2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 3 e capítulo IX do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas relativas ós productos alimenticios; artigos 2 e 4 do Real decreto 1254/1991, do 2 de agosto, polo que se dictan normas para a preparación e conservación da maionesa de elaboración propia e outros alimentos de uso inmediato nos que figure o ovo como ingrediente.

Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 450 euros.