Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 27 de setembro de 2002, relativo ó expediente sancionador LU-31/2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada que a seguir se relaciona o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, expediente número LU-31/2002, incoado á titular do establecemento de café bar denominado Xowi's, situado na rúa Os Parceiros nº 5, no lugar de Camba do concello de Xove (Lugo), xa que intentada a notificación polos medios habituais non se puido practicar.

Noméase instructor do procedemento a Francisco López Castro e secretario a Alfredo Seijas Sáinz, funcionarios desta delegación provincial, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio

da potestade sancionadora, a interesada disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é o delegado provincial desta consellería en Lugo, segundo o disposto no artigo 99.1º da Lei 9/1997.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Expediente: LU-31/2002.

Denunciada: María Dolores Álvarez Otero.

Establecemento: café bar Xowi's.

Enderezo: Os Parceiros, nº 5, Camba, Xove (Lugo).

Feitos denunciados: carecer de documentación de obrigatoria exposición pública.

Preceptos infrinxidos: artigo 10.3º da Orde do 17 de marzo de 1965 e os artigos 16.5º e 16.10º da Lei 9/1997.

Tipificación da infracción: artigo 86.2º da Lei 9/1997.

Cualificación: leve.

Sanción: multa de 180 A.

Lugo, 31 de outubro de 2002.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo