Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se rectifica o perímetro da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña).

A zona de concentración parcelaria de Vizoño (Abegondo-A Coruña) foi declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 218/1992, do 24 de xullo.

Segundo os informes emitidos polo Servicio Provincial de Infraestructuras Agrarias da delegación desta consellería da Coruña, polas esixencias do propio plan de obras e as características xeográficas da zona, considérase oportuno amplia-lo perímetro establecido no xa referido decreto ós terreos da parroquia de Vilacova, así como as parcelas dos lugares de Folgoso, Vións e Leiro que se indican no plano que se achega, é polo que, esta dirección xeral, ó amparo do establecido no artigo 23.2º da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia na súa nova redacción segundo a Lei 12/2001, do 10 de setembro,

RESOLVE:

Primeiro.-Rectifica-lo perímetro da zona de concentración parcelaria de Vizoño (Abegondo-A Coruña) no senso de incluír nel a parroquia de Vilacova e as parcelas dos lugares de Folgoso, Vións e Leiro que se indican no plano que se achega á presente resolución.

Segundo.-Dispoñer que a presente resolución se lle notifique ó notario e rexistrador correspondente por razón da zona, sendo obxecto de publicación na forma prevista na lexislación vixente, acompañada do plano de apliación, facéndose constar que contra ela cabe interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO