Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002 pola que se convoca un curso de capacitación para mandos intermedios (sarxentos e suboficiais) de policía local.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de capacitación para mandos intermedios (sarxentos e suboficiais) de policía local, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos dota-los mandos intermedios (sarxentos e suboficiais) da policía local dos coñecementos necesarios para o mellor desempeño do seu labor profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós mandos intermedios (sarxentos e suboficiais) de policía local que accederon a esta categoría tanto por oposición libre como por promoción interna, dos distintos concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta, antes do 20 de decembro de 2002 para efectua-la correspondente reserva de praza.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso, no que figure a lista de persoas que superaron as correspondentes probas de oposición ou a fase de concurso e enche-lo anexo I con tódolos datos nel reflectidos, para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 20 de decembro de 2002.

3. Os escritos deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada. Previamente remitiranse por fax para axiliza-los correspondentes trámites.

Contido e duración.

O curso desenvolverase en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes módulos:

-Misión e funcións policiais.

-Policía de protección e seguridade.

-Policía de tráfico e transporte.

-Policía xudicial e de investigación.

-Policía administrativa.

-Área de técnicas de xestión e dirección.

-Área de reforzo.

O curso terá unha duración de tres meses de formación teórica.

Datas.

O curso principiará o vindeiro día 8 de xaneiro de 2003.

O horario será de 9 a 20 horas.

Desenvolvemento do curso.

Os alumnos da Academia Galega de Seguridade durante o seu período de permanencia na academia rexeranse polo Regulamento de réxime interior desta, publicado no DOG do 28-7-1995, nº 144.

Certificado.

Para obte-lo correspondente diploma será requisito indispensable superar tódalas materias que figuren no programa.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 12 de novembro de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA