Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.595

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, pola que se convocan os opositores para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de novembro de 2002, o tribunal designado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002, para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, convocado pola orde da Consellería de la Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, os seguintes acordos.

Convoca-los opositores que superaron o terceiro exercicio e os que, tendo aprobado o segundo, estaban exentos da realización do terceiro, para a realización do cuarto exercicio-suposto práctico-que se levará a cabo na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela, o día 9 de decembro de 2002, ás 17 horas.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para tal efecto poderán utilizar textos legais sen comentarios, pero non libros de consulta, así como calculadoras non programables.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Presidente do Tribunal