Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da rúa San Antonio, sendo o teor do acordo o seguinte:

A alcaldía presidencia con data do 5 de xuño 2002 aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa San Antonio, que foi sometido a información pública polo prazo dun mes, mediante publicacións no xornal La Voz de Galicia, de data 11 de xuño de 2002 e no DOG número 147 do 1 de agosto e exposto no taboleiro de edictos do concello do 11 de xuño ata o 2 de setembro de 2002. Durante o período de exposición pública non se presentaron alegacións segundo consta no certificado do rexistro xeral. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo en sesión celebrada o día 12 de setembro de 2002, en votación ordinaria e por unanimidade estimou oportuno propoñer ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa San Antonio coas condicións contidas no informe do arquitecto municipal de data 20 de maio de 2002 e no informe do enxeñeiro industrial municipal de data 9 de abril de 2002. Segundo.-Publica-lo

presente acordo en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos

116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 1 de outubro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde