O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Perú ata a estrada de Castela, sendo o teor do acordo o seguinte:
A alcaldía presidencia con data do 7 de xuño 2002 aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Perú ata a estrada de Castela, que foi sometido a información pública polo prazo dun mes, mediante publicacións no xornal La Voz de Galicia, de data 11 de xuño e no DOG número 147 do 1 de agosto de 2002 e exposto no taboleiro de edictos do concello do 11 de xuño ata o 2 de setembro de 2002. Durante o período de exposición pública non se presentaron alegacións segundo consta no certificado do rexistro xeral. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo en sesión celebrada o día 12 de setembro de 2002, en votación ordinaria e por unanimidade estimou oportuno propoñer ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Perú ata a estrada de Castela, coas condicións contidas no informe do arquitecto municipal de data 20 de maio de 2002. Segundo.-Publica-lo presente acordo en cumprimento do
preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.
O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuris
dicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).
Ferrol, 1 de outubro de 2002.
Xaime Bello Costa
Alcalde