Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Comisión de Goberno do Concello de Fene, na sesión que tivo lugar o día 15 de novembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación nº 12 (correspondente a unha parcela

sita na confluencia da avda. do Mar coa rúa Tellerías, en San Valentín), así como a modificación do sistema de actuación previsto no Plan Xeral de Ordenación Urbana polo de compensación.

Acordouse así mesmo a exposición pública dos citados expedientes na secretaría do concello de 9 ás 13 horas, tódolos días laborais, polo prazo dun mes o estudio de detalle, en cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e de vinte días a modificación do sistema de actuación, en cumprimento do que dispón o artigo 121.1º da mesma lei, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia, un dos diarios de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios, que computarán desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Fene, 18 de novembro de 2002.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde