Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión de data oito de novembro de dous mil dous, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle da unidade de actuación 4.5 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal promovida de oficio polo concello e redactada polo arquitecto municipal, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia».

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outros recurso que se coide pertinente.

Cangas, 11 de novembro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde