Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso de subministracións.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por concurso da subministración que a seguir se relaciona, incluído no Plan XXI de Fomento de Turismo da Natureza:

-Sinalización vertical no termo municipal de Cambre. Orzamento: 45.892,76 euros, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 262, do 15 de novembro, do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da Casa do Concello, e obter copias dos pregos na páxina web www.dicoruna.es.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 15 de novembro de 2002.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente alcalde