Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por concurso da prestación do servicio de escolas deportivas municipais e actividades de verán.

* Orzamento:

-Escolas deportivas municipais:

Ximnasia de mantemento: 25,44 euros/hora.

Ximnasia Tai-Chi: 25,95 euros/hora.

Tenis: 24,02 euros/hora.

Judo: 28,52 euros/hora.

Patinaxe: 28,52 euros/hora.

Kick-boxing: 26,30 euros/hora.

Outras actividades: 29,36 euros/hora.

-Actividades de verán:

Ximnasia de mantemento: 25,25 euros/hora.

Ximnasia Tai-Chi: 29,80 euros/hora.

Socorrista: 14,67 euros/hora.

Natación: 17,52 euros/hora.

Tenis: 22,30 euros/hora.

Polideportes: 23,15 euros/hora.

Kick-boxing: 26,84 euros/hora.

Piragüismo: 24,98 euros/hora.

Recepción piscina: 14,97 euros/hora.

Outras actividades: 26,11 euros/hora.

-Importe anual máximo estimado: 72.889,92 euros.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 262, do 15 de novembro do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello e na páxina web http://www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 15 de novembro de 2002.

P.D. (Resolución Alcaldía 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente alcalde