Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, para a adquisición, por lotes, de talonarios de receitas oficiais para prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde (S-276/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: S-276/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición, por lotes, de talonarios de receitas oficiais para prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde.

b) Número de unidades que se van entregar:

Lote A 470.000 talonarios.

Lote B 25.000 talonarios.

O 30 % (+/- 10%) corresponden a talonarios do modelo P.3, o 70 % (+/- 10%) corresponden a talonarios do modelo P.3/1.

10.000 talonarios corresponden ó modelo P.3-A4, e 15.000 ó modelo P.3/1-A4.

c) División por lotes e número: 2 lotes.

Lote A:

-Talonarios de receitas para tratamento ordinario, modelo P.3, para traballadores activos, impreso en tinta de cor verde.

-Talonarios de recetas para tratamento ordinario, modelo P.3/1, para pensionistas, impreso en tinta de cor vermella.

Lote B:

-Talonarios de receitas para tratamento ordinario, modelo P.3-A4, para traballadores activos, impreso en tinta de cor verde.

-Talonarios de receitas para tratamento ordinario, modelo P.3/1-A4, para pensionistas, impreso en tinta de cor vermella.

d) Lugar de entrega: en territorio da Comunidade Autónoma galega. Para máis información ver punto relativo á distribución no prego de prescricións técnicas particulares.

e) Plazo de entrega: 10 días naturais, contados desde a recepción da petición.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: novecentos seis mil euros (906.000 A).

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 27-12-2002.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contando desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas a.m. do 3-1-2003, na sala 2-1 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6).

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a tres mil euros (3.000 A).

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 5-11-2002.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos