Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de novembro de 2002 pola que se lle notifica ó interesado a resolución acordada en expediente de desafiuzamento administrativo PO 83490, conta 76.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Servicio de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Interesado: Nemesio Durán Riveiro.

Último domicilio coñecido: Polígono de Torneiros, III fase, bloque 23, portal 1-baixo B, O Porriño, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 10 de outubro de 2002: acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda identificada co nº de conta 76 do expediente PO 83490 e o lanzamento.

Recursos: contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.