Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Cachadeiras, pertencente á parroquia de Mourente do concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Mourente.

Nome do monte: Cachadeiras.

Cabida: 2.015 m.

Lindes:

Norte: estrada CN-541.

Sur: camiño veciñal.

Leste: muro que a delimita de propiedade particular.

Oeste: estrada a Bora.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 28 de outubro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra