Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 18 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 2001/11-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

Expediente de procedemento: FM 342B 2001/11-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesada: Mª Carmen Crepo Poceiro.

Enderezo: Ponte Dena 27. 36967 Meaño (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 6-6-2002, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Mª Carmen Crespo Poceiro, e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 1-2-2001 e estimada na Resolución do 27-7-2001, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 1.803,04 A. pola contratación indefinida de 1 traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.

Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Ficha de transferencia e/ou certificado do banco/caixa de titularidade e nº de conta.

Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para ese mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

Documentación acreditativa das baixas producidas polas causas previstas na base 6ª do anexo B da orde reguladora.

TC1 e 2, dos meses seguintes: maio/2001, marzo/2000, outubro/2000 e decembro/1999.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia, por delegación da Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, correspóndelle a esta delegación provincial, en virtude do artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexis

lativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 27-7-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 1.803,04 A pola contratación indefinida de Mª Rosa Silva Mouta.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin a vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 6 de xuño de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 18 de outubro de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra