Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de construcción dun centro interfederado de remo e piragüismo en Tenencia (Tui-Pontevedra).

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 02-01-TUI.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun centro interfederado de remo e piragüismo en Tenencia-Tui (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Tenencia-Tui (Pontevedra).

d) Prazo de execución: dezasete (17) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: oitocentos noventa e catro mil trinta e seis euros con setenta e seis céntimos (894.036,76 euros).

5. Garantía provisional.

Esixirase unha fianza provisional de dezasete mil oitocentos oitenta euros con setenta e catro céntimos (17.880,74 euros). Dispensada segundo o artigo 35

do Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

e) Telefax: 981 58 89 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a noventa e catro euros con cincuenta céntimos (94,50 euros) (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de se-lo caso:

Grupos C); subgrupo 2; categoría d).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral.

1. Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

2. Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3. Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes.

Oferta base: axustarase ó proxecto, non se admite ningunha modificación, agás o prezo.

Oferta variante: admitirase modifica-lo prazo.

9. Apertura das ofertas. En acto público, na sala de xuntas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: décimo (10º) día, hábil que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: ás 10 horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario (custo máximo estimativo por liña, 9,38 euros).

12. De se-lo caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos. (www.xunta.es/contratación/resultado.asp/N=2049.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda