O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia ós intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.
Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (zona de recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 30 de outubro de 2002.
Nazario Villalva
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
Interesado NIF Data da dilixencia Descrición do ben
Excavaciones Núñez Sanfiz, S.L. B-15090004 9-10-2002 Predio 15074.0; rex. prop. Betanzos
Excavaciones Núñez Sanfiz, S.L. B-15090004 9-10-2002 Predio 15023.0; rex. prop. Betanzos
González Rey, Manuel 32638629-L 21-10-2002 Vehículo matrícula C-2317-AT
Maroñas Bargo, Domingo Antonio 33271798-K 23-10-2002 Predio 16028.0; rex. prop. Noia
Mella Cacheiro, Manuel 76296526-Y 16-10-2002 Vehículo matrícula C-5108-BK
Pedreira Otero, Jesús Manuel 32352304-K 12-6-2002 Vehículo matrícula C-9614-AJ
Pedreira Otero, Jesús Manuel 32352304-K 12-6-2002 Vehículo matrícula C-5116-V
Pereira Pérez, José Manuel 36038831-Q 17-10-2002 Vehículo matrícula 2782BFM
Pérez Sampedro, Emilio 52455761-Y 17-10-2002 Vehículo matrícula C-6801-BC
Requejo Blanco, José Manuel 32437384-R 26-9-2002 Embargo bancario entidade: BSCH
Saavedra Promociones, S.A. A-15134638 17-10-2002 Vehículo matrícula C-7327-BM
Vázquez Vieito, José Manuel 52452053-R 21-10-2002 Vehículo matrícula C-2486-CG
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA