Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.511

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/2002).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue procedemento nº 11/2002, por instancia de Álvaro Roberto Méndez Morales e outro, contra Mariño e Novo, S.L., sobre cantidade, estando o acto de conciliación e o xuízo sinalado para o próximo día 20 de xaneiro de 2003 ás 9.40 horas, cítase en única convocatoria á empresa Mariño e Novo, S.L. que tivo o seu domicilio na rúa Cristóbal Colón, nº 21, 15960 de Ribeira e hoxe en paradoiro descoñecido para que acompañado de tódolos medios de proba de que se intente valer, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advertíndolle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría

do xulgado. Requírese a demandada para que achegue ó acto de xuízo documental consistente en recibos de salarios e demais xustificantes do pagamento da reiterada cantidade reclamada. Cítase así mesmo a un representante legal da referida empresa cos

apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da Lac en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Mariño e Novo, S.L. e ó seu representante legal, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado